Xornada nacional
de debate

25 de xaneiro, 10h30

Engádeo ao calendario

Días
Horas
Minutos
Segundos

Sobre a xornada

O pasado mes de decembro de 2019 lanzamos unha serie de encontros abertos en diferentes puntos xeográficos do país, onde queriamos trasladar unha reflexión táctica e estratéxica para o debate das que entendemos que son as principais cuestións que ten que resolver o soberanismo galego nos próximos anos.

Achegamos, desde a modestia e a coherencia dunha traxectoria de máis de 13 anos de intervención no soberanismo galego, a nosa visión aberta á interlocución coa súa base social.

Nestes dous meses recollimos diferentes achegas sobre o xeito de avanzarmos cara á República Galega, sobre como construír unha acción política transformadora no social e no institucional, sobre como ligar o inmediato e o estratéxico e que ferramentas temos para construír a nova sociedade.

Baseado nas cuestións formuladas, organizamos unha xornada nacional de debate onde abordaremos desde diferentes perspectivas os debates máis profundos que sairon nos encontros comarcais. Apúntao e anímate!

 

Relatorios a debate

Mañá

  • Unha acción institucional transformadora 10h30

    Que límites teñen as institucións na actualidade e como os afrontamos? Como utilizamos as institucións para crear conciencia e avanzar politicamente? Cal é a relación entre o popular e institucional?

    - Noa Presas (Deputada no Parlamento Galego).
    - Laura Rodríguez (Concelleira en Sada).
    - Kuka Sar (Concelleiro en Fisterra).

  • Táctica e estratexia. Ruptura democrática 12h00

    Relación teórica e real entre liberación nacional e transformación social. Como ligamos as loitas/demandas inmediatas co obxectivo estratéxico? Con quen contamos e a quen nos diriximos? Fin da etapa de resistencia, inicio da ofensiva.

    - José E. Vicente (Executiva Nacional do BNG).
    - César Caramês (Proceso Trevinca).
    - Susana Camba (Executiva Nacional do BNG e concelleira na Estrada).

  • Descanso e xantar 13h30

    Podes acompañarnos na propia Gentalha do Pichel, onde realizaremos un xantar mancomunado 😉.

Tarde

  • Construción do poder popular 16h30

    Construción do poder popular como eixo central da acción política. Que ferramentas temos para isto? A importancia do coletivo na época da personalización e o poder mediático. Os espazos de debate e os métodos de intervención.

    - Ximena González (Marcha Mundial das Mulleres).
    - Anxo Noceda (Executiva Confederal da CIG).
    - Bruno L. Teixeiro (Portavocía de Vía Galega).

  • Conclusións das xornadas 18h00

    Elaboración e lectura dun documento coas conclusións máis salientábeis saídas das xornadas logo dos debates nos relatorios anteriores. Estas conclusións faranse públicas tamén a través desta páxina web.

  • Clausura 18h30
Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email