Sobre a xornada
O pasado mes de decembro de 2019 lanzamos unha serie de encontros abertos en diferentes puntos xeográficos do país, onde queriamos trasladar unha reflexión táctica e estratéxica para o debate das que entendemos que son as principais cuestións que ten que resolver o soberanismo galego nos próximos anos.
Achegamos, desde a modestia e a coherencia dunha traxectoria de máis de 13 anos de intervención no soberanismo galego, a nosa visión aberta á interlocución coa súa base social.
Nestes dous meses recollimos diferentes achegas sobre o xeito de avanzarmos cara á República Galega, sobre como construír unha acción política transformadora no social e no institucional, sobre como ligar o inmediato e o estratéxico e que ferramentas temos para construír a nova sociedade.
Baseado nas cuestións formuladas, organizamos unha xornada nacional de debate onde abordaremos desde diferentes perspectivas os debates máis profundos que sairon nos encontros comarcais. Apúntao e anímate!
