Desde o Movemento Galego ao Socialismo queremos trasladar unha reflexión táctica e estratéxica para o debate das que entendemos son as principais cuestións que ten que resolver o soberanismo galego nos próximos anos.
Esta folla de ruta por construír debe respostar, baixo o noso punto de vista, de que xeito avanzamos cara á República Galega, como se articula un discurso e unha práctica soberanista, cal é a relación entre a consecución de conquistas inmediatas sen unha renuncia máis ou menos explícita ao horizonte de ruptura e con que ferramentas contamos para todo isto.
Para este debate queremos achegar a nosa modesta visión, coherente cos máis de 13 anos de intervención no seo do soberanismo galego, aberta á interlocución coa súa base social e con vontade de dar pasos que nos permitan sumar máis forzas no camiño da República Galega.
20h · Fundaçom Artábria (ver mapa).
20h · Local Comarcal do BNG (ver mapa).
12h · C.S. A Revolta do Berbês (ver mapa).
20h · Centro Social A Galleira (ver mapa).
20h30 · Local Nacional do MGS (ver mapa).
10h30 · A Gentalha do Pichel (Rúa Santa Clara, 21).
Toda a info.
Se tes algunha dúbida, cuestión ou simplemente queres expresar a túa opinión do debate presentado, escríbenos!